Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pazos Couñago cre que a oposición non asume que "o exame xa pasou"

Pazos Couñago cre que a oposición non asume que "o exame xa pasou"

O voceiro do PPdeG dedicou a súa intervención a responder os discursos previos dos portavoces da oposición

G24.gal 11/04/2024 14:24 Última actualización 12/04/2024 00:24

O voceiro do PPdeG no Parlamento, Alberto Pazos, cargou contra os discursos da oposición durante a sesión de investidura xa que parece que non asumen “que o exame xa pasou” e os galegos xa puxeron puxo nota a cada un e elixiron a Alfonso Rueda como presidente da Xunta.

Pazos lamentou volver escoitar por parte do BNG e PSdeG “a mesma ladaíña dunha oposición impermeable” aos resultados electorais.

“A data de exame xa pasou, o pobo galego xa nos puxo nota a cada un e o seu veredicto é inapelable”, polo que lles pediu altura de miras a nacionalistas e socialistas para non actuar “coma se o 18 de febreiro non existise” porque si o fixo, insistiu, e “foi de enorme relevancia”.

Con todo, Pazos mostrouse aberto a “mellorar, enriquecer e perfeccionar” o programa do PPdeG, pero nunca “renunciando aos obxectivos, compromisos e medidas” que os populares defenderon durante a campaña electoral.

Facer caso á oposición e cambiar a estratexia que foi apoiada nos comicios é, na súa opinión, pedir que o partido traizoe a confianza dos galegos. "E iso non vai pasar", advertiu Pazos.

"Imos ser escrupulosamente fieis ao noso compromiso con Galicia", afirmou o voceiro dos populares galegos quen asegurou que Rueda "relegou o papel de candidato para ser o presidente de todos os galegos".

Pazos dille a Pontón que 'actuou con soberbia'

O dirixente do PPdeG dedicou gran parte da súa intervención á dirixente do Bloque, Ana Pontón, de quen dixo que durante os últimos meses “actuou con soberbia” e mesmo se presentou “na praza do Obradoiro como presidenta da Xunta”.

Pazos tamén se dirixiu ao PSdeG e ao seu líder, José Ramón Gómez Besteiro, a quen lle reprochou actuar como “a sucursal de Ferraz” pese ao “infortunio” do resultado electoral dos socialistas.

Respecto ao único representante de Democracia Ourensana, Armando Ojea, que integra o Grupo Mixto, lembroulle que non conta coa representación de toda a provincia para poder falar en nome de todos eles, senón que unicamente é un deputado máis dos elixidos nesa circunscrición. 

Na sesión da tarde, Alberto Pazos, voceiro do PPdeG, dirixiuse a Ana Pontón do BNG para 'lamentar que no primeiro debate comecen mentindo de maneira fragante' en alusión a unha iniciativa dos socialistas respecto ao proxecto Gama de Altri de pasta soluble de papel.

Despois de ler textualmente acusa á lider nacionalista: 'como se pode mentir con ese descaro?'

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade