Patxi Salinas: "5 millóns de euros por Unai Núñez é un agasallo. O Athletic rexeitou 30 non hai moito"
Patxi Salinas: "5 millóns de euros por Unai Núñez é un agasallo. O Athletic rexeitou 30 non hai moito"
Por Zona mixta pasou Patxi Salinas para darnos a súa visión sobre a posible fichaxe do central Unai Núñez e sobre a actualidade do Celta
O típico central vasco
"Unai Núñez é un xogador fantástico. Forte, rápido, bo manexo aéreo, agresivo e moi completo. Estando Yeray e Íñigo Martinez ve que igual non vai xogar moito, pero senón estaría aí. Se está para o Athletic, por suposto para o Celta"
"As comparacións son odiosas. Se Unai se asemella a min? É o típico central vasco. É o cuarto central agora e chegou ser internacional. A súa progresión cortouse e ten a oportunidade en Vigo de demostrar o que vale se acaba aquí.
"5 millóns de euros por el é un agasallo. Se o Athletic pon a recompra de 10 millóns é porque confía nel a futuro. Chegou rexeitar 30 millóns non hai moito tempo por el"
Brais e Denis, unha perda de difícil xustificación
"Eu se teño unha economía solvente non deixo saír un xogador consolidado e da casa por 15 millóns. Atopar perfís como Brais e Denis non é doado. Para min é un erro que marchen. Un equipo campión non se fai cambiando 10 cada tempada, fas 3-4 retoques como moito"