Cargando resultados...
París Adot non cumprirá o ano de contrato que lle quedaba co Deportivo
O Deportivo comunicou a baixa do lateral dereito

G24.gal
28/06/2024 17:51
O lateral dereito navarro París Adot non seguirá no Deportivo a vindeira temporada. O club comunicou a baixa do xogador ao que lle quedaba un ano máis de contrato. Adot asinou en 2023 procedente da Ponferradina e fíxoo por dúas temporadas. Comezou como titular e mantívose durante toda a primeira volta pero logo da derrota no Reino de León (xornada 19) perdeu protagonismo. O posto pasou a Ximo Navarro e só nas últimas xornadas do campionato se volveu a ver no terreo de xogo ao bravo lateral.