Publicador de contidos

Publicador de contidos

Países do golfo Pérsico denuncian lanzamento de mísiles por parte de Irán en plena tregua

Países do golfo Pérsico denuncian lanzamento de mísiles por parte de Irán en plena tregua

Todos os proxectís foron interceptados con éxito e só provocaron danos materiais en varias vivendas da rexión de Sitra, en Barhein

Desde o inicio da guerra, o pasado 28 de febreiro, varios países foron branco de centos de ataques con drons e mísiles balísticos iranianos

G24.gal 08/04/2026 17:31

Varios países do golfo Pérsico como Catar, Arabia Saudita, Emiratos Árabes Unidos (EAU), Kuwait e Barhein denunciaron este mércores que Irán lanzou mísiles e drons contra o seu territorio malia que entrou en vigor o cesamento do fogo alcanzado onte á noite entre Teherán e Washington.

EAU interceptou 17 mísiles balísticos e 35 drons

O Ministerio de Defensa de Emiratos Árabes Unidos informou nun comunicado que "os flagrantes ataques iranianos desde o inicio da vixencia do cesamento do fogo alcanzaron os 17 mísiles balísticos e 35 drons", mentres que afirmou que as defensas aéreas do país "tiveron éxito en interceptalos".

Pola súa banda, o Ministerio de Interior de Barhein dixo que un ataque iraniano provocou danos en varias vivendas da rexión de Sitra, no nordés do país e preto de Manama, despois de que os fragmentos resultantes da intercepción caesen na zona.

Segundo o Ministerio de Defensa de Arabia Saudita, as defensas aéreas do reino interceptaron e destruíron "nove drons durante as últimas horas", sen precisar máis detalles sobre cando se efectuou o ataque nin as circunstancias do mesmo.

Catar e Kuwait, tamén obxectivo dos iranianos

Así mesmo, Catar anunciou que este mércores foi branco dun ataque con sete mísiles balísticos e un número indeterminado de drons lanzados desde Irán, segundo o Ministerio de Defensa catarí, que afirmou que as Forzas Armadas "lograron interceptar e neutralizar con éxito" todos os proxectís.

Tamén o Ministerio de Defensa de Kuwait afirmou que as forzas do país responderon o lanzamento de catro mísiles balísticos e 42 drons nas últimas 24 horas, nas que un dos obxectivos eran as instalacións pertencentes á Corporación Petroleira Kuwaití, alén de plantas eléctricas e desalinizadoras.

Desde o inicio da guerra dos Estados Unidos e Israel en Irán, o 28 de febreiro, varios países árabes do golfo Pérsico, así como Xordania e a rexión semiautónoma do Kurdistán iraquí (norte), todos aliados rexionais de Washington, foron branco de centos de ataques con drons e mísiles balísticos iranianos e dos seus grupos aliados en Iraq. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade