Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pablo Durán: "Podemos gañar a calquera rival e imos ir con todo esta fin de semana"

Pablo Durán: "Podemos gañar a calquera rival e imos ir con todo esta fin de semana"

Durán marca en vermello o duelo deste sábado no Metropolitano, campo inaccesible para o Celta desde hai case 18 anos

G24.gal 13/02/2025 13:27 Última actualización 13/02/2025 13:33

Pablo Durán tirou do carro do gol en ausencia de Iago Aspas. O tomiñés, que suma 4 goles e unha asistencia nos últimos 6 partidos, foi designado onte mellor xogador do Celta por segundo mes consecutivo.

Durán encadea catro titularidades e iniciou cinco dos últimos sete partidos que disputou o equipo celeste. Ata a data, Giráldez empregouno nas tres posicións da fronte ofensiva con prestacións sorprendentemente boas, tanto cando xogou nalgunha das bandas como cando actuou como dianteiro centro por Borja Iglesias.

A inesperada venda a última hora de Douvikas ábrelle ao tomiñés novos horizontes. Giráldez considera que a de dianteiro centro é a súa posición natural e pensa nel como principal alternativa ao compostelán durante a segunda volta. Fronte ao Betis, na última xornada, Durán xa sentou a Iglesias e agora que Aspas está de volta é de novo o principal competidor do santiagués para o duelo deste sábado contra o Atlético de Madrid no Metropolitano.

Durán non oculta a súa sorpresa polo inesperado protagonismo que está a ter desde mediados de decembro, a partir da súa titularidade no Sánchez Pizjuán, tras xogar apenas un minuto nos cinco encontros anteriores.

"Si que soñas con poder facer estes números, con ter estes minutos, pero sendo realistas a principio de tempada non contaba con que fóra a participar tanto. Estou moi contento polas oportunidades que me está dando Claudio", sinala o artilleiro.

Tras remontar á heroica o último partido en Balaídos, Durán marca en vermello o duelo deste sábado no Metropolitano, campo inaccesible para o Celta desde hai case 18 anos.

“Podemos gañar a calquera rival e imos ir con todo esta fin de semana”, promete.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade