Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os irmáns Montes debutan cun triunfo que dana o Arenteiro

Os irmáns Montes debutan cun triunfo que dana o Arenteiro

G24.gal 05/12/2021 13:56

Logo da apetura de paraugas en Fragoselo, non pola chuvia senón polos excesos da manga de rego e o vento, os que tiveron que resistir o chuvasco foron os porteiros, tanto Alberto como Diego, que selaron senllas actuacións de mérito.

O único gol do partido, minuto 8, gol de Chiqui, que inicia e remata a xogada logo dunha boa acción pola banda esquerda con pase de Mateo Míguez a Silva e tanto de Chiqui.

Grolo de tranquilidade para os Montes, que volvían ao banco do Coruxo.

Oportunidade de Mateo Míguez, que marcha de todos e despexa Diego García no man a man. Álex, de falta e para Alberto.

E no treito final do encontro, dúas ocasións, Álex Ares puido pechar o encontro logo desta acción na que non acerta a coar a pelota entre unha manchea de xogadores do Arenteiro...

E esta cacholada picada, á saída dun córner, que finalmente acaba chapando Alberto para darlles os tres puntos aos irmáns Montes, que volven gañar na casa e meten en problemas os de Fran Justo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade