Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os inmunólogos defenden as máscaras en interiores mentres non se estabilicen os casos

Os inmunólogos defenden as máscaras en interiores mentres non se estabilicen os casos

África González, satisfeita pola fin das máscaras na rúa

A inmunóloga da Universidade de Vigo cre que estamos ante un futuro esperanzador

África González, catedrática de inmunoloxía da Universidade de Vigo
G24.gal 05/02/2022 13:30

Os expertos admiten que a situación vai mellorando e que o futuro comeza a ser esperanzador. Esta semana chega a fin das máscaras na rúa e tamén novos medicamentos para previr e curar a infección. Pero a inmunóloga África González pide prudencia. Cre que a máscara en interiores será necesaria mentres o número de contaxios non se estabilice.

"O que estamos vendo é que a vacinación non protexe da infección por ómicrom, entón ata que non baixe a incidencia e teñamos unha serie de casos estables, que seguramente será o que pasará, que manteñamos unha serie de casos estables con algúns picos, pero cunha estabilización, ata ese momento non poderemos quitar as máscaras nos interiores"

Ainda asi, esta inmunóloga cre que o futuro é esperanzador porque cada vez hai máis persoas protexidas grazas ás vacinas e á infección, xeralizada pero leve, provocada pola variante ómicrom en todo o planeta. E a isto hai que engadirlles os antivirais de AstaZeneca que chegarán a España esta semana e os fármacos de Pfizer.

 "O de Pfizer, o que fai é que unha vez que a célula está infectada, impedir que o virus se divida, mentres que no outro caso o que se intenta é neutralizar, que o virus non entre no interior das células"

África González non se pronuncia sobre a vacinación dos cativos menores de 5 anos ata que o faga a Axencia Europea do medicamento

 "Si que é certo que entre 0-2 anos é unha poboación de risco porque poden ter unha enfermidade que poder ser máis grave, haberá que ir analizando os datos ver se a Axencia Europea aproba para eses tramos de idade e se xa nos EUA está empezando veremos os datos clínicos, como van respondendo eses nenos coa vacinación"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade