Publicador de contidos

Publicador de contidos

O TSXC ve posible incostitucionalidade no decreto do catalán nas aulas

O TSXC ve posible incostitucionalidade no decreto do catalán nas aulas

Os maxistrados sinalan que a sentenza é incompatible coa nova lei sobre uso e aprendizaxe de linguas oficiais, que establece o catalán como a lingua normalmente empregada como vehicular

Exporá unha cuestión de inconstitucionalidade ao Tribunal Constitucional

G24.gal 04/07/2022 12:48

O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña constatou a "imposibilidade legal" de executar a sentenza que obriga a dispensar un 25 % de horas lectivas en castelán porque se contradí co novo decreto do Govern que fixa explicitamente a inaplicación de porcentaxes no uso de linguas no ensino, e exporá unha cuestión de inconstitucionalidade ao Tribunal Constitucional.

Para o TSXC, a nova normativa catalá, que fai imposible executar a sentenza, "suscita serias dúbidas sobre a súa validez por vicios de inconstitucionalidade", porque impide de maneira sobrevinda aplicar a sentenza, e por iso exporá unha cuestión de inconstitucionalidade ao Tribunal Constitucional.

Os maxistrados sinalan que a sentenza é incompatible coa nova lei sobre uso e aprendizaxe de linguas oficiais, que establece o catalán como a lingua normalmente empregada como vehicular e fixa o castelán como lingua curricular que se utilizará nos termos establecidos nos proxectos lingüísticos dos centros, sen fixar porcentaxes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade