O trazo da pluma sobre o papel está a cativar as xeracións dixitais
A escritura con pluma non é cousa do pasado. O seu uso ábrese camiño entre os nativos dixitais.
A escritura con pluma non é cousa do pasado. O seu uso ábrese camiño entre os nativos dixitais.
"Hai moitos fans novos que ven unha pluma que lles parece bonita e pican e empezan a probar e logo custa parar", asegura Ana Revilla, propietaria de Panda Boheme.
"Hai moita mocidade que está empezando ou que di quero volver. Estamos nunha idade dixital, xa o sabemos non hai problema ningún, pero hai moita xente que quere seguir escribindo con pluma", engade Sandra Catoria, dependenta de El Corte Inglés.
Entre unhas e outras as diferenzas están no sistema de carga e, sobre todo, no corazón da estilográfica: o plumín.
"A maioría son de aceiro, pero tamén os hai de ouro; esas evidentemente encarécense", matiza Ana.
Para quen comeza, aconsellan:
"Se ti estás empezando a escribir en pluma ese plumín ten que aguantar porque aínda non sabes e vas cargar; o plumín de aceiro aguanta moitísimo", explica Sandra.
Para as mans máis expertas ou de coleccionista, hai mesmo edicións limitadas.
"Temos [a colección] de musas que está, por exemplo, a de María Callas. Ela cando fixo a ópera tiña sempre un loureiro na cabeza", aclara Sandra mentres amosa unha pluma que ten gravada unha póla de loureiro.
Pezas todas elas que continúan a ser obxecto de agasallo.
"Como regalo un pouco especial as plumas estilográficas como artigo de escritura é o que máis vendemos aquí", conclúe Ana.
Porque en tempos de pantallas, o trazo da tinta sobre o papel permanece.