Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Real Madrid leva a Copa do Rei de baloncesto fronte ao Barcelona (96-85)

O Real Madrid leva a Copa do Rei de baloncesto fronte ao Barcelona (96-85)

O equipo de Chus Mateo gaña o segundo trofeo da tempada nun partido que estivo igualado ata o último cuarto, en que os madridistas conquistaron a final

O francés Poirier gaña o MVP da final (17 puntos, 8 rebotes, 7 de 7 en tiro, 3 de 3 en tiros libres e 32 de valoración)

O arxentino Campazzo, MVP do torneo

Foto da Axencia EFE
G24.gal 18/02/2024 20:31

A Copa do Rei de baloncesto 2024 xa ten campión, o Real Madrid. O equipo de Chus Mateo repite o feito no pasado mes de setembro, cando se impuxo tamén ao Barcelona de Roger Grimau na Supercopa de España.

A final estivo moi igualada durante os primeiros 30 minutos, en que ambos os equipos intercambiaron a vantaxe no marcador. No último cuarto, o Madrid sacou un extra que o Barcelona non deu aguantado e deixou o marcador final nun 96-85 que lles serve aos madrileños para levantar a súa Copa do Rei número 30.

Tras a Copa, ambos os equipos prepararán o final da tempada regular, tanto na Euroliga como na Liga Endesa, onde son favoritos a poder disputar unha nova final entre eles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade