Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PPdeG denuncia as 20 prórrogas á tramitación da transferencia da AP-9 no que vai de lexislatura

O PPdeG denuncia as 20 prórrogas á tramitación da transferencia da AP-9 no que vai de lexislatura

"Unha vez máis, acredítase o boicot do Goberno coa conivencia do PSOE galego, impedindo que unha iniciativa poida pasar a Comisión para ser debatida no relatorio", lamentou Delgado

Foto de arquivo/EuropaPress Foto de arquivo/EuropaPress
G24.gal 18/02/2025 15:34

Os deputados do PPdeG no Congreso denunciaron que as prórrogas á tramitación da proposición de lei para a transferencia da AP-9 a Galicia alcanzaron xa as 20 no que vai de lexislatura e suman ata 35 desde a chegada de Pedro Sánchez á Presidencia do Goberno de España.

Así o sinalaron despois de que este martes a Mesa do Congreso acordase a 20ª prórroga no prazo de presentación de emendas, a pesar de que no seu día se pactou tramitala polo procedemento de urxencia.

"Unha vez máis, acredítase o boicot do Goberno de Sánchez, coa conivencia do PSOE galego, impedindo que unha iniciativa avalada pola unidade do Parlamento de Galicia poida pasar a Comisión para ser debatida no relatorio", lamentou o deputado galego e vicepresidente segundo da Comisión de Transportes e Mobilidade Sostible do Congreso, Celso Delgado.

Segundo recolle o PP nun comunicado, Delgado lembrou que mentres isto ocorre, "outras comunidades autónomas, en cambio, están a recibir un trato diferenciado e moito máis beneficioso" por parte do Executivo central.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos