Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PP gaña en 295 concellos; o BNG, en 13, entre eles Vigo, e o PSdeG, en cinco

O PP gaña en 295 concellos; o BNG, en 13, entre eles Vigo, e o PSdeG, en cinco

O PP vence no 94,2% dos concellos de Galicia, incluídas seis das sete grandes cidades

O Bloque destaca como primeira forza en municipios da área viguesa e obtén o seu mellor resultado en Vilar de Santos, con case un 60 %

O PSdeG gaña en 5 concellos, todos da provincia de Lugo

G24.gal 19/02/2024 11:06

O PP de Alfonso Rueda venceu nas eleccións autonómicas deste domingo, 18 de febreiro, no 94,2 % dos concellos de Galicia, incluídas seis das sete grandes cidades. Mentres, o BNG foi primeira forza en 13 municipios e o PSdeG-PSOE, en cinco.

Cabe destacar a vitoria histórica do BNG en Vigo, o concello máis grande de Galicia, que foi cun 37,02 %, por menos de dous puntos sobre o PP. Con todo, o mellor resultado do Bloque foi en Vilar de Santos, cun 59,58 %.

Destaca o resultado dos nacionalistas en localidades da área viguesa, ao vencer en Moaña (46,45%), Cangas (45,96 %), Soutomaior (45,27 %) e Redondela (39,91 %). Tamén na provincia de Pontevedra, impuxéronse no Grove (43,46 %) e en Catoira (44,03 %).

Na Coruña, o Bloque foi primeira forza en Corcubión (45,72 %), en Fene (42,06 %) e en Mugardos (38,72 %). Na provincia de Ourense, gañou no tradicional feudo de Allariz (52,59 %), á parte de en Vilar de Santos (59,58 %) e en Verea (53,62 %). Na provincia de Lugo, ningún concello tivo os nacionalistas como vencedores.

No que respecta ao PSdeG-PSOE, gañou en só cinco concellos. Tres deles están situados na provincia de Lugo: Ribeira de Piquín (50,53 %), Negueira de Muñiz (41,58 %) e Pedrafita do Cebreiro (46,19 %), habitual feudo socialista; e outros dous na de Ourense: Entrimo (47,52 %) e Calvos de Randín (45,43 %).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade