Publicador de contidos

Publicador de contidos

O porteiro Jano, o heroe do Victoria C. F. na Copa do Rei

O porteiro Jano, o heroe do Victoria C. F. na Copa do Rei

O cérbero detivo un penalti a sete minutos para o final do partido

Os herculinos derrotaron o Hernani e clasificáronse para a seguinte rolda 

O seu rival será un dos equipos que entran en liza da primeira división

G24.gal 17/11/2021 21:44

O histórico Victoria coruñés estará na seguinte rolda da Copa do Rei tras derrotar o Hernani por 1-0. Yago Pérez foi o autor do tanto das Cebras, pero fundamental foi o penalti parado polo meta Jano a cinco minutos do final. O porteiro xogaba Ao contraataque ao remate do partido:

"É o que soñabamos. Xogar ante os mellores. O partido foi moi duro. Sufrimos algo ao final. Eran moi fortes fisicamente, colgaron moitos balóns. Para min eran moi bo equipo. Pero estivemos atinados na segunda metade".

Os herculinos enfrontaranse a un equipo de primeira división tras eliminar o conxunto vasco. O cérbero deixaba claras as súas preferencias:

"Non quero mollarme moito, todos estarán, ben pero postos a elixir, seguramente escollería o Celta, xa que este ano non pode xogar contra o Deportivo. Esa rivalidade A Coruña-Vigo, polo menos témola nós".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade