Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Pontevedra ve freado o seu ascenso en Majadahonda (2-1)

O Pontevedra ve freado o seu ascenso en Majadahonda (2-1)

Néstor e David Rodríguez fixeron inútil o tanto de David Soto

Cacharrón foi expulsado por protestar tras o 2-1

Foto: @RMajadahonda
G24.gal 26/03/2023 19:04

O efecto Juan Señor, providencial en Pasarón, dilúese a domicilio. O Pontevedra perdeu por dous a un na súa visita ao Raio Majadahonda nun partido en que por momentos superou o seu rival.

Durante o meirande parte do primeiro tempo manexou ben o encontro. Tivo algunha boa ocasión, como unha de Álex González, pero non concretou. E os locais atoparon petróleo na súa única oportunidade. Néstor Albiach marcou todo un golazo para abrir o marcador no minuto 42. Gran disparo para superar a Cacharrón e chegar ao descanso cunha vantaxe que ninguén agardaba polo desenvolvemento do xogo.

O tanto foi un mazada para o Pontevedra. E puído ser peor na primeira acción da segunda metade. Pero Alayeto, con todo a favor, estragou a clara oportunidade do Majadahonda. Respiraron os granates, que lograron empatar no minuto 59. Funcionou a estratexia. Un lanzamento de córner que acabou en gol de David Soto tras unha prolongación de Brais Abelenda. O tanto descolocou aos locais, e o necesitado Pontevedra buscou os tres puntos. Alberto Rubio non chegou por centímetros a un servizo de Brais na que foi a grande oportunidade do conxunto galego para adiantarse no marcador.

Así, chegouse a unha recta final na que o Raio Majadahonda recuperou sensacións. No minuto 85, Casado rematou ao traveseiro. E no 87, chegaría o gol definitivo. Unha xogada un tanto embarullada acabou cunha asistencia de Mestanza que non desaproveitou o veterano David Rodríguez. O gardameta Cacharrón foi expulsado por, segundo a acta, chamarlle textualmente "sinvergüenza" ao colexiado. Protestaba un fóra de xogo que non existiu. O Pontevedra segue de penúltimo, a cinco puntos da salvación.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos