Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Pontevedra perde na casa do Numancia, líder intratable (2-0)

O Pontevedra perde na casa do Numancia, líder intratable (2-0)

Dieste e Aitor Seguín resolveron o choque con senllos goles na primeira metade

Foto: @pontevedraCFSAD
G24.gal 15/09/2024 21:59

O Pontevedra caeu derrotado nun dos feudos máis complicados da Liga. Nos Pajaritos o Numancia exhibe músculo, e acadou o triunfo grazas a dúas accións na primeira metade que decantaron o choque. Un triunfo co que suma nove puntos en tres xornadas despois de tres vitorias ante equipos galegos.

O marcador abriuno Dieste ao rematar un saque desde o curruncho cando so ían quince minutos de xogo. Buscou a reacción o Pontevedra pero, nunha contra, Aitor Seguín ía anotar o segundo xusto antes do descanso.

Na segunda metade o Pontevedra estirouse buscando unha reacción que non puido traducir no marcador, malia ter boas ocasións, como unha contra que rematou desviada Charly ou outro lanzamento fóra de Chiki. Así que, o 2-0 xa non se moveu. O Pontevedra queda cos catro puntos logo de tres xornadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos