Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PNV mantén o pulo co Goberno e di que votará en contra da reforma laboral

O PNV mantén o pulo co Goberno e di que votará en contra da reforma laboral

Os nacionalistas vascos esixen a prevalencia dos convenios autonómicos

G24.gal 11/01/2022 15:01

O PNV advírtelle ao Goberno de que non apoiará a reforma laboral nos termos actuais. Os nacionalistas vascos recoñecen que hai negociacións ao respecto, pero cren que o executivo confía na abstención dos seus socios parlamentarios para salvar a tramitación.

Josune Gorospe, deputada do PNV, asegurou: "Hai conversacións, pero mentres non haxa un acordo para salvagardar a prevalencia dos convenios autonómicos sobre os estatais, a nosa posición será votar en contra desa reforma laboral. Onde queda o noso peso político cando non fumos parte desas negociacións?".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade