Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		O Papa Francisco recibe en audiencia o Celta polo Centenario
                            G24.gal
                        
                            10/07/2023 13:34
                        
                        
                        
                        
                    
                    O Papa Francisco recibiu este luns unha delegación do Celta de Vigo, coa presenza do seu presidente Carlos Mouriño, do novo adestrador Rafa Benítez e de todo o cadro de xogadores e empregados do club. Foi un dos actos do Centenario, e o Santo Padre lembrou que as cores do club son as mesmas que as da camisola arxentina e tamén lembrou o pasado do pobo galego como emigrante á Arxentina.
A delegación, da que tamén formaban parte dez socios que participaron nun sorteo, foi recibida polo Papa no palacio pontificio. Francisco explicou que para el é moi especial recibir un equipo galego: "Para min é algo que evoca tantas experiencias que, como arxentino, vivín na miña propia carne".
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
         
            
                