Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ourense sobreponse o Avilés e a un campo impracticable (2-1)

O Ourense sobreponse o Avilés e a un campo impracticable (2-1)

Javi Cueto adiantou o Avilés no primeiro tempo

Omar e Amín déronlle volta na segunda

O estado do Couto condicionou o encontro

G24.gal 03/01/2026 20:39

O Ourense soubo sobrepoñerse a un rival de nivel, a unha pataqueira como campo e a un interminable encontro de 103 minutos para acabar por acadar un triunfo que o sitúa na zona morna da táboa.  

E iso que na primeira parte a sensación de poderío do rival pareceu converter a misión nun imposible. Neste tempo marcou Javi Cueto, de cabeza (minuto 42). Sensación de equipo poderoso este Avilés e ben adaptado a situación do céspede.

Pero na segunda parte o Ourense tirou de carraxe e acabou por dar forma a un imposible. Con seis minutos máxicos nos que chegaron os goles de Omar (minuto 68) e Amín (minuto 74). E cun final de encontro interminable; o colexiado engadiu 13 minutos. O Ourense soubo xogalos con soltura e mesmo dispuxo -neles- de opcións para ampliar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade