Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ourense C. F. sobe o penúltimo chanzo para o ascenso a 2RFEF

O Ourense C. F. sobe o penúltimo chanzo para o ascenso a 2RFEF

Gañou na final galega ao Barco por 1-0 cun tanto de Gabri Palmás

G24.gal 08/05/2022 20:45

O Ourense C. F. representará o fútbol galego na fase de ascenso a 2RFEF logo de derrotar o Barco por 1-0. O gol de Gabri Palmás decidiu un encontro moi equilibrado e no que houbo poucas ocasións. 

A primeira parte foi de moito respecto e poucas alegrías en ataque. Só un par de oportunidades protagonizadas por Jerín puideron desequilibrar o marcador. 

Todo cambiou a raíz do tanto marcado por Gabri Palmás no 66. O Barco tiña que marcar para forzar a prórroga e o Ourense puido sentenciar á contra. Tiago e Gabri puideron marcar para o Ourense e Óscar Martín e Carlos Villar tiveron o empate dos de Valdeorras. 

O Ourense entrará no bombo do sorteo definitivo que emparellará a un equipo de cada un dos grupos da Terceira División á procura de nove prazas de ascenso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos