Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Ourense C. F. empata sen goles co Palencia e mantén a incerteza

O Ourense C. F. empata sen goles co Palencia e mantén a incerteza

Foto: @Ourense_CF
G24.gal 29/04/2023 21:06

O Ourense C. F. perdeu unha boa ocasión de fuxir da zona perigosa da táboa. Non pasou do empate sen goles contra o Palencia Cristo Atlético, un rival que chegaba ao Couto cos mesmos puntos, 40, cos de Rubén Domínguez.

O Ourense puxo as ocasións, pero estas non entraron. Na primeira metade a máis clara correu a cargo de Tiago.

No treito final, o Palencia quedaba con dez logo da expulsión do seu porteiro Guille. Pero, nin coa superioridade numérica, o Ourense foi quen de levar o triunfo. Isra tivo a ocasión máis clara, primeiro cun remate de cabeza e, no centro seguinte, co balón pasándolle entre as pernas sen que puidese empuxalo.

Ao final, 0-0. O empate tamén do Langreo deixa aos tres equipos cos 41 puntos na táboa. O goal average mantén o Ourense fóra do play out e do descenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar