Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Lugo despídese da Copa no campo do histórico Arenas (1-0)

O Lugo despídese da Copa no campo do histórico Arenas (1-0)

Hernán Pérez deulle a alternativa a catro xogadores do filial

O único gol chegou a un cuarto de hora do final cunha cabezada de Gomeza

G24.gal 12/11/2022 21:07

Con catro xogadores do filial e algúns menos habituais no equipo inicial, o Lugo caeu na Gobela ante o Arenas, nun partido que respondeu ás previsións dos adestradores: xogo directo, sucesión de segundas xogadas e, sobre todo, de accións a balón parado.

Neyder Lozano, de feito, estivo a piques de adiantar o Lugo no lanzamento dun córner. E pouco despois, logo dun saque de banda, marcou Álex Ramos, pero o colexiado anulou o gol por falta previa en ataque. O Lugo utilizou todo o seu manual de xogadas de estratexia para tentar superar os biscaíños, pero non acertou coa meta de Landeta. A única oportunidade do Arenas neste primeiro tempo foi nunha cabezada de Arzuaga detida por Julen.

O encontro mantivo as mesmas constantes no segundo tempo. Neyder Lozano volveu contar con outra boa oportunidade noutro saque desde o recanto. Con todo, a falta dun cuarto de hora, e nunha acción semellante, foi o Arenas o que acertou ante a portería nunha cabezada do central Gomeza. De aquí ao final, o Lugo lanzouse polo empate e dispuxo de dúas claras ocasións para marcar en dous disparos rexeitados por Landeta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade