O Lugo recibe o pechacancelas da Liga logo dunha semana moi convulsa
A derrota do pasado domingo en Albacete, provocou no Lugo unha treboada de enorme magnitude que se levou por diante os tres homes máis significativos da parcela deportiva, comezando polo anterior adestrador, Fran Justo.
Tino Saqués. Presidente do C. D. Lugo. "Agradecemos a Fran Justo e o seu equipo o labor que viñeron desenrolando, pero realmente os resultados non chegaron co cal vímonos obrigados a prescindir deles".
A seguinte decisión non tardou en chegar. O director deportivo Carlos Pita anunciaba a súa marcha. "Dentro da parcela deportiva, o xeito de funcionar, hai diferencia de criterios, de ideas, de como ten que ser o funcionamento do día a día e demais".
O último en despedirse foi Chris Ramos, o seu máximo goleador esta temporada, O dianteiro abandonaba o Lugo en dirección a Cádiz a cambio de dous millóns de euros.
Chris Ramos, ex-xogador do C. D. Lugo. "Esta oportunidade non a podía deixar pasar e, precisamente, díxenlle o presidente que, por favor, fixera un esforzo".
A lóstrego final deuno o presidente cun anuncio inagardado.
Tino Saqués, presidente do C.D. Lugo. "Cando xurda a posibilidade e esa posibilidade sexa axeitada e o novo investidor ou comprador sexa de garantías, eu darei un paso ao lado".
Tras a treboada, todos agardan que a calma chegue con Joan Carrillo, o décimo cuarto adestrador en oito temporadas.