Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Lugo perde o goleador Chris Ramos, que se vai ao Cádiz

O Lugo perde o goleador Chris Ramos, que se vai ao Cádiz

A entidade presidida por Saqués ingresará algo menos de dous millóns de euros

No último intre do mercado asinaron o lateral esquerdo Andoni López 

G24.gal 01/02/2023 00:24

No último intre chegaron os papeis para que Chris Ramos cumpra o soño de ir á Primeira División e facelo, ademais, no club da súa terra, o Cádiz. O máximo goleador do Lugo marcha por unha cantidade próxima aos dous millóns de euros, pero deixa un oco na dianteira moi difícil de cubrir. 

No tocante ás incorporacións, Andoni López vén procedente do Tenerife, onde apenas contou con oportunidades. Un lateral esquerdo con moito percorrido na categoría logo de xogar no Elxe, U. D. Logroñés, Almería ou Amorebieta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade