Cargando resultados...
O Lugo perde co Real Madrid Castela en Viveiro
O Lugo perde co Real Madrid Castela en Viveiro
Señé marcou o único tanto do equipo galego no minuto 45
O filial branco adiantárase cos goles de Álvaro e Arribas
G24.gal
03/08/2022 20:54
Derrota do Lugo no amigable diante do Real Madrid Castela celebrado en Viveiro (1-2). Os de Mauro Pérez, que se enfrontaba a algún dos seus xogadores a temporada pasada, volveron ter falta de tino cara á porta contraria e o equipo branco demostrou ter efectivos de moita calidade.
Aos 8 minutos marcou Álvaro o 0-1. No 40 Arribas aumentou a conta para os de Raúl González e xusto antes do descanso marcaba Señé de cabeza. O marcador non se moveu na segunda metade.