Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Lugo asume o descenso antes da visita ao Sporting

O Lugo asume o descenso antes da visita ao Sporting

G24.gal 29/04/2023 14:20

O descenso do Lugo a Primeira Federación veu acompañado de bágoas... Autocrítica...

"Como adestrador síntome frustrado porque agardaba facelo mellor", admite Íñigo Vélez.  "Coma un dos capitáns do plantel pido coa man no corazón desculpas a toda esa afección, a toda esa xente que nos estivo apoiando", indica Xavi Torres.

E varias declaracións de intencións nas que ninguén quere botar balóns fóra. "Hai que tentar competir o máximo estes partidos que quedan por respeto o club, a afección e a nós mesmos", di Calavera. "Imos ir a morte, pódocho asegurar, e os meus compañeiros van pensar o mesmo ca min e temos que dignificar este escudo", indica Xavi Torres. "O que quero é rematar o mellor posible co Lugo, conseguir unha virtoria porque levo sete partidos no Lugo e aínda non a conseguín", conclúe Íñigo Vélez.

Con cinco semanas por diante e coa moral polo chan, algún xa pensa no futuro. "O presidente xa sabe de sobra cales son os meus sentementos e eu cun equipo, cunha cidade, cun club e cunha afección que estivo sempre animándome e apoiándome, quero axudar", di Vélez.

No Molinón comeza a conta atrás do novo proxecto lucense.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar