Publicador de contidos

Publicador de contidos

O 'León de Redondela' pide paso no primeiro equipo do Celta

O 'León de Redondela' pide paso no primeiro equipo do Celta

Debutou co primeiro equipo en Sevilla e só tardou dez minutos en marcar o gol

G24.gal 09/04/2023 14:15

Cando recibiu os ánimos de Gudelj e de Carles, cando bufou e entrou na campo. Cando trece minutos despois aproveitou unha deixada de Aspas e golpeou con precisón. Cando marcou o seu primeiro gol e todo foron felicitacións. Aí empezou unha nova historia no Celta.

Esta é a historia dun meniño de Redondela, con orixe no Choco, que aló polo 2015 -con 11 anos- comezou a chamar a atención co Celta. Miguel Rodríguez. Cinco anos despois, un 4 de outubro, debutaba en Pamplona co primeiro equipo.

Nin pasara polo filial. No banco estaba Óscar García co que xa debutara unhas semanas antes Gabri Veiga. A destitución de Óscar freou a súa traxectoria. Con Coudet so dispuxo de minutos nun partido.

Mais Miguel apretou os dentes e pasou a ser refencia no Celta B. Co seu xogo, cos seus goles. Agora volve. Con súa forza, con goles. Co berro de sempre. A historia do leon de Redondela acaba de comezar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade