Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno pídelle a Feijóo que evite o "silencio" tras os ataques de Milei

O Goberno pídelle a Feijóo que evite o "silencio" tras os ataques de Milei

O PP defende que os encontros e reunións con outros mandatarios teñen que estar "dentro da normalidade"

G24.gal 22/06/2024 20:23 Última actualización 22/06/2024 20:40

Continúan as reaccións políticas tras a entrega da Medalla Internacional da Comunidade de Madrid a Javier Milei.

A vicepresidenta primeira, María Jesús Montero, acusou a Isabel Díaz Ayuso de facer política de "confrontación e de provocación". Desde o Executivo central piden a Núñez Feijóo que "reaccione", que "abandone o silencio" e se posicione ante o que cualifican de "ataques" de Milei ao Goberno. 

"O máis rechamante do día de onte foron os discursos, o ton das palabras, o contido que se expresou, que aplaudiu o PP de Madrid, concretamente a señora Ayuso e tamén polo seu silencio o PP de Génova. O señor Feijóo o module, o rectifique ou definitivamente se separe del", dixo María Jesús Montero.

Díaz Ayuso volveu defender este sábado a entrega da medalla a Milei e o encontro que cualificou de "cortesía".

Á marxe de Ayuso, desde o PP só se pronunciou o vicesecretario de Coordinación Autonómica e Local dos populares. Elías Bendodo limitouse a defender que se manteñan encontros con outros mandatarios.

"Eu creo que haxa reunións e encontros teñen que estar dentro da normalidade máis absoluta e por tanto non creo que haxa que facer ningunha valoración máis", dixo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade