Publicador de contidos

O Financial Times recomenda a exposición de Peter Lindbergh na Coruña

O Financial Times recomenda a exposición de Peter Lindbergh na Coruña

O xornal británico destaca a mostra como un dos cinco acontecementos culturais deste outono-inverno polos que "paga a pena viaxar"

O fotógrafo favorito de Marta Ortega encargárase das fotos da súa voda O fotógrafo favorito de Marta Ortega encargárase das fotos da súa voda
G24.gal 01/11/2021 11:33

O alemán Peter Lindbergh foi un dos fotógrafos máis importantes do mundo da moda. Falecido no 2019, era o favorito de Marta Ortega e encargárase das fotos da súa voda con Carlos Torretta. 

Agora, a filla de Amancio Ortega achega ata A Coruña unha exposición coa súa obra. E aínda que non se inaugura ata decembro, xa chamou a atención a nivel internacional.

O xornal británico Financial Times sinalouna como un dos cinco acontecementos culturais deste outono-inverno polos que paga a pena viaxar. A exposición de Peter Lindbergh inaugúrase o 4 de decembro no peirao de Batería, no porto da Coruña. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar