Publicador de contidos

Publicador de contidos

O equipo vigués xa coñece dez posibles rivais na Europa League

O equipo vigués xa coñece dez posibles rivais na Europa League

Aston Villa e Crystal Palace da Premier, Bolonia e Roma da Serie A ou o Porto son equipos que xa están clasificados para a vindeira edición da competición europea

G24.gal 26/05/2025 22:27

Xa coñecemos once equipos que estarán na vindeira edición da Europa League e un deles é o Celta. Nun principio o equipo vigués estará no Bombo 4 e terá que xogar oito partidos nesa fase de grupos, catro en Balaídos e catro fóra da casa. Este cambio de formato da temporada pasada consolídase este ano nunha competición que comezará o 24-25 de setembro. 

Inglaterra ten garantidos dous equipos: o Crystal Palace que acaba de gañar a Copa e o Aston Villa de Unai Emery que tan boa Champions fixo o ano pasado. A Serie A italiana tamén achega dous equipos, o Roma e o Bolonia. De Alemaña virán o Stuttgart, como campión da Copa, e o Friburgo. O Lille e o Lyon serán os representantes da Ligue 1 francesa, o Go Ahead dos Países Baixos e o veciño Porto

Dentro das previas tamén hai equipos moi potentes e con historia. O Spórting de Braga que adestrou Carvalhal, o Anderlecht de Bélxica, o Partizan de Serbia ou o Young Boys de Suiza terán que pasar varias fases previas. Outros chegarán procedentes da Liga de Campións para conformar un elenco de 36 equipos que van estar no bombo final. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade