Publicador de contidos

Publicador de contidos

O director da canteira do Celta deixa o cargo porque precisa "un descanso"

O director da canteira do Celta deixa o cargo porque precisa "un descanso"

G24.gal 14/06/2023 16:59

O que tamén se despide do Celta é Carlos Hugo García Bayón. O home que potenciou o futbol base do Celta establecendo un novo modelo de canteira. Bayón dirixía a canteira celeste desde o ano 2015. Este mércores anunciou a súa marcha.

En 10 días marcharon do Celta o diretor xeral, o adestrador, o capitán e agora o máximo responsable da canteira. Bayón di que precisa un descanso e sobre todo dedicarlle tempo á súa familia.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade