Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo resiste en Cornellá e mantén o liderado (0-1)

O Deportivo resiste en Cornellá e mantén o liderado (0-1)

O gol de Hugo Rama na primeira metade certifica unha nova vitoria

Os de Idiakez suman once partidos consecutivos sen perder

G24.gal 30/03/2024 16:20

O Deportivo aterrou en Barcelona cun obxectivo claro, vencer o Cornellá para manter o liderado nun partido que, a priori, semellaba moi complicado.

Nos primeiros minutos o conxunto de Idiakez levou a iniciativa, pero foi incapaz de xerar un serio perigo nos primeiros vinte minutos de partido. Ao paso pola media hora de xogo, un centro raso e atrás de Balenziaga, foi rematado coa esquerda por Hugo Rama ao fondo da rede. O mediapunta comeza a responder da mellor maneira ás oportunidades que lle brinda o técnico. Abriuse así a caixa de Pandora. Dende o gol ambos os equipos aumentaron os seus ataques e gozaron de varias chegadas claras. Por parte do Deportivo, Hugo Rama tivo o segundo nunha volea dentro da área, mentres Barbero rematou unha falta libre de marca, pero enviou o balón por riba da portería. Pola súa parte, os locais tiveron un disparo na área pequena que marchou desviado por pouco da porta defendida por Germán Parreño.

No comezo da segunda metade, na primeira posesión, un bo centro de Davo foi incomprensiblemente rematado fóra por Barbero, cando tiña todo a favor para marcar. Co paso dos minutos os locais comezaron a ter máis protagonismo no partido, e fixeron estirarse a Germán cun remate coa testa. Quince minutos despois, unha contra iniciada por Yeremay foi continuada maxistralmente por Mella, que deixou só a Hugo Rama, que no man a man enviou alto o esférico. Cumprido o cuarto de hora do segundo acto, os locais gozaron dunha clarísima dobre ocasión que Germán detivo con certa fortuna. Co paso dos minutos, o partido foise calmando. Ata o 90' ningún dos dous equipos tivo chegadas de verdadeiro perigo. Así rematou o partido.

Coa vitoria o Deportivo mantén o liderado unha semana máis e mantense á espera de recortar puntos aos perseguidores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos