O Deportivo repite vellos erros e perde en Valdebebas (1-0)
Decidiu un solitario gol de Álvaro Martín no minuto 9
Lapeña foi expulsado na segunda metade
O Deportivo perdeu no Alfredo Di Stéfano de Madrid diante do filial branco repetindo erros da época de Borja Jiménez (1-0). Un mal inicio de partido custoulle a derrota porque o Real Madrid Castela aproveitou para marcar o gol da vitoria antes do minuto dez.
O gol de Álvaro Martín resultou unha lousa demasiado pesada. O equipo coruñés tentou levar a iniciativa, pero creou pouco perigo diante da porta local. A mellor estivo nas botas de Soriano que se atopou co pau.
Na segunda metade os de Óscar Cano incrementaron o seu dominio pero viron como a expulsión de Adri Lapeña (m63) complicaba as posibilidades de conseguir algo positivo. Mackay sostivo o Dépor con paradas determinantes e a grande ocasión para conseguir o empate chegou no 87 cunha ocasión estragada por Zalazar.