Cargando resultados...
O Deportivo rendibiliza un solitario gol de Raúl Carnero
Nun partido de escasa brillantez, gañou coa lei do mínimo esforzo ante o Mérida (0-1)
G24.gal
11/09/2022 14:03
O Deportivo sumou o segundo triunfo da temporada no campo do Mérida. Un encontro pouco brillante do equipo de Borja Jiménez no que rendibilizou un dos escasos achegamentos que tivo sobre a portería contraria.
Un disparo desde fóra da área do lateral esquerdo Raúl Carnero chegou para conseguir a vitoria (0-1). O Mérida tampouco inquietou a porta de Mackay, pero no tempo engadido pediu un penalti por unha caída no borde da área.