Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo propón renovar o convenio actual de Riazor por 25 anos

O Deportivo propón renovar o convenio actual de Riazor por 25 anos

Despois dos desacordos das últimas horas, o presidente do club coruñés emitiu un comunicado en que tende a man á rexedora Inés Rey

G24.gal 14/05/2024 22:25

Logo de dous días de gran tensión institucional entre o Concello e o Deportivo polo convenio do estadio de Riazor, o club coruñés emitiu un comunicado a noite deste martes en que "tende a man" ao Concello e propón a renovación do convenio actual para os vindeiros 25 anos

Tamén acepta que nesa prórroga haxa unha renegociación no caso de que exista unha venda do paquete accionarial maioritario pero o club fala de que "a propiedade garantiu ao club que o Dépor non está en venda e que o compromiso é a longo prazo".

Tamén anunciou que o día 25 de maio, coincidindo coa última xornada do campionato, haberá celebración tradicional dos xogadores coa súa afección en dous lugares emblemáticos que non tiveron presenza o pasado domingo; a fonte de Catro Camiños e a Praza de María Pita. 

O Deportivo tamén quere que o estadio se empregue "exclusivamente con fins deportivos, sen ningunha outra utilización que non sexa a celebración de partidos de fútbol, dos primeiros equipos ou de calquera dos seus filiais". Pola contra, na proposta enviada pola alcaldesa outorgaba a exclusividade de organizar actos extradeportivos ao Concello da Coruña. 

Na mensaxe tamén hai algún pau para o Concello: "Por iso, non deixa de sorprendernos que o noso esforzo por brindar certeza e as mellores condicións ao noso club, aos xogadores e aos afeccionados, queira ser empanado por unha institución que desde 2022 non é patrocinadora do club" pero falan de man tendida agardando que esta nova proposta sexa recibida "positivamente" para resolver este conflito. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos