Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo non acode á recepción no Concello da Coruña, que culpa a Abanca

O Deportivo non acode á recepción no Concello da Coruña, que culpa a Abanca

O Goberno municipal, do PSOE, sinala que o deportivismo merece poder felicitar o seu equipo na praza de María Pita, “como sempre se fixo nas grandes ocasións” na historia do club

O Deportivo acusa ao concello da Coruña de "poñer en perigo" o seu futuro en Segunda División pola súa falta de colaboración

O Deportivo visitou a Deputación e foi recibido por Alfonso Rueda

G24.gal 13/05/2024 15:53 Última actualización 13/05/2024 18:24

O R. C. Deportivo informou este luns de que queda suspendida “calquera visita institucional” ao Concello da Coruña, mentres que o Goberno local da cidade culpou a Abanca de prohibir ao equipo acudir "á casa de todos os coruñeses".

O club de fútbol, propiedade da entidade financeira Abanca, considera que a relación actual entre ambas as institucións “non é a idónea” para celebrar unha visita destas características. Nun comunicado oficial publicado na súa páxina web, o Deportivo lamenta que esta situación continúe a pesar das múltiples conversacións mantidas nas últimas tempadas, así como por “o intenso esforzo de diálogo” realizado polo club “nos últimos meses” para mellorar as relacións entre ambas as entidades.

O cadro do primeiro equipo, acompañado polo corpo técnico e parte do consello de administración, iniciou esta mañá os actos de celebración do ascenso a Segunda División con varias visitas institucionais. O Concello da Coruña, pola súa banda, lamenta profundamente a “decisión unilateral” da propiedade do RC Deportivo, a entidade financeira Abanca, de “impedir” a xogadores e corpo técnico branquiazul ser recibidos este luns “na casa de todos os coruñeses e coruñesas” para celebrar o ascenso a Segunda División.

A través dun comunicado de prensa, o Goberno municipal, do PSOE, sinala que o deportivismo merece poder felicitar o seu equipo na praza de María Pita, “como sempre se fixo nas grandes ocasións” na historia do club, a última recentemente co ascenso do equipo feminino á máxima categoría.

Por iso, o Concello critica que Abanca “enturbe" un momento de especial alegría para a cidade "polos seus intereses económicos que nada teñen que ver co deporte”.

O Deportivo visitou a Deputación e foi recibido por Alfonso Rueda.

Xa pola tarde, o Deportivo acusou  ao concello da Coruña de "poñer en perigo" o seu futuro en Segunda División pola súa falta de colaboración, xa que, segundo o club, a ampliación do convenio sobre o uso do estadio de Riazor é “imprescindible” para garantir a viabilidade da institución.

No seu comunicado, a entidade branquiazul explica que LaLiga precisa “un certificado de uso e goce” do estadio que debe emitir o Concello para a tempada 2024-25, ademais de que “a non dispoñibilidade a longo prazo do estadio pon ao club nunha situación de precariedade e incerteza”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos