Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo golea o Linares e xogará a final polo ascenso

O Deportivo golea o Linares e xogará a final polo ascenso

O penalti anotado por Quiles no último minuto da primeira metade resultou fundamental

Tres goles en cinco minutos marcados por Soriano, Bergantiños e Quiles sentenciaron (4-0)

G24.gal 04/06/2022 22:18

O Deportivo goleou o Linares (4-0) e xogará a final polo ascenso a Segunda División. Un partido no que sufriu moito na primeira parte e no que sentenciou nun gran segundo tempo cheo de efectividade e de grandes goles. 

Avisou Miku na primeira xogada do partido cunha ocasión moi clara. Foi do pouco que fixo en ataque o Deportivo na primeira metade. Os de Borja Jiménez controlaban o coiro pero os achegamentos máis perigosos foron do Linares. 

Avisou Etxániz pero salvou un Mackay moi seguro na primeira metade. Todas as opcións dos andaluces foron neutralizadas polo veterano porteiro deportivista. Nos últimos minutos volveu o Dépor a pisar a área con certo perigo e cando xa se agardaba o asubío final da primeira metade chegou a xogada do penalti. Unhas mans indicadas polo árbitro diante das protestas do Linares e que non desaproveitou Alberto Quiles. 

O segundo tempo comezou dun xeito moi diferente. Jiménez meteu a Soriano no partido e o Deportivo pasou a controlar tanto en defensa como en ataque. Quiles e Miku tiveron grandes ocasións para facer o segundo. E a partir do minuto 65 o equipo desmelenouse. Soriano marcou un golazo e a seguir viñeron dous máis marcados por Álex Bergantiños e Alberto Quiles. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade