Publicador de contidos
Publicador de contidos

Troco total na secretaría técnica do Deportivo coa marcha de Rosende

Troco total na secretaría técnica do Deportivo coa marcha de Rosende

Carlos Rosende e Juan Giménez, que deseñaron os dous últimos proxectos da entidade, non seguirán no club

G24.gal 12/06/2023 21:34

O ascenso frustrado do Deportivo coa derrota en Castellón xa ten a primeira consecuencia. Carlos Rosende e Juan Giménez, que ocuparon a secretaría técnica desde 2021 e deseñaron os dous últimos proxectos, non seguirán no club. Agora o Deportivo buscará un novo nome que tome as decisións á procura de levar o equipo ao fútbol profesional, obxectivo da directiva desde o descenso de Segunda División. 

Con Carlos Rosende, o equipo rozou o ascenso na 21-22. Perdeuno no último partido ante o Albacete despois dunha prórroga agónica. A 22-23 resultou moito máis caótica. Tres adestradores (Borja Jiménez, Óscar Cano e Rubén de la Barrera) e unha chea de xogadores que non deron pasado do cuarto posto. Esa praza foi a que lle custou a semifinal ao Deportivo, que perdeu co Castellón pola peor clasificación no campionato regular. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos