Cargando resultados...
O Deportivo continúa coas renovacións e amplía o contrato de Jaime Sánchez
O central andaluz non foi dos habituais a temporada pasada, pero demostrou a súa versatilidade actuando en múltiples posicións

G24.gal
18/06/2024 20:46
Igual que aconteceu con Ximo Navarro, o Deportivo renovou o contrato de Jaime Sánchez, que continuará como un dos veteranos do vestiario deportivista. Jaime xogará a cuarta temporada coa camisola coruñesa.
O andaluz non foi titular a campaña anterior pero demostrou unha gran versatilidade e adaptouse a numerosas posicións tanto na defensa como no centro do campo. Os dous Pablos pecháronlle o posto de titular no centro da defensa. Iso fixo que Jaime fose empregado como lateral nas dúas bandas e incluso como centrocampista defensivo.