Cargando resultados...
O Deportivo cede a perla ourensá Diego Gómez ao Arenteiro
O cadro coruñés agarda que a cesión do prometedor interior sirva para lanzalo cara ao fútbol profesional

G24.gal
23/07/2024 22:54
O Deportivo e o Arenteiro chegaron a un acordo para a cesión de Diego Gómez (Ourense, 2004) ao cadro do Carballiño. Da canteira do Pabellón, Diego chegou ao Deportivo no seu segundo ano cadete. Fixo o periplo completo cos xuvenís e no seu último ano nesta categoría converteuse en indiscutible no Fabril que acadou o ascenso á Segunda Federación.
A campaña anterior foi un dos destacados do equipo de Gilsanz. Marcou sete goles, e iso que estivo ausente moitos partidos por mor dunha lesión. O Arenteiro agarda que sexa un xogador diferencial na categoría, tal e como aconteceu con Luis Chacón ou Pibe a pasada campaña.