Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo ten unha proba de nivel nun campo maldito

O Deportivo ten unha proba de nivel nun campo maldito

Nas dúas últimas temporadas perdeu por 2-1 diante do Unionistas

O Arenteiro recibe o Real Unión de Fran Justo e o Lugo xoga o derbi dos Ancares diante da Ponferradina

G24.gal 15/09/2023 15:14

Deportivo e Arenteiro abren a xornada na Primeira Federación este sábado. Os de Idiakez, sen Lucas Pérez nin Yeremay Hernández, visitan ao Unionistas, campo que se lles fixo rabudo nas últimas tempadas. Un escenario a proba de favoritos. 

No Carballiño, visita do ex-adestrador Fran Justo, co que se viviron días de gloria na historia recente do club. Agora, Justo dirixe o Real Unión de Irún e Javi Rey, o seu sucesor, pretende augarlle a festa. 

Despois de empatar en Fuenlabrada, o Lugo recibe o domingo a Ponferradina, o líder desta 1ª Federación. Volve o derbi dos Ancares no Anxo Carro. No Lugo teñen a baixa por sanción de Willy Ledesma, e isto preocupa no equipo, que só logrou facer 2 goles. Munitis pide paciencia e asegura o compromiso ao máximo dos seus xogadores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar