Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo Abanca queda eliminado da Copa da Raíña

O Deportivo Abanca queda eliminado da Copa da Raíña

Foi moi superior ao Tenerife pero non conseguiu marcar ningún gol nos 120 minutos que durou o partido (0-0)

Na quenda de penaltis, pleno de acertos do cadro tinerfeño

G24.gal 19/10/2022 21:45

O Deportivo Abanca quedou eliminado da Copa da Raíña malia dominar de xeito total o encontro ante o Tenerife. As xogadoras galegas dispuxeron de infinidade de oportunidades diante dunha porteira que se converteu na estrela do partido. 

Non se marcou ningún gol nos noventa minutos regulamentarios nin nos trinta de prórroga, e a eliminatoria tivo que decidirse na quenda de penaltis. O erro de Patri López resultou determinante porque o Tenerife non fallou ningún dos seus cinco lanzamentos e conseguiu pasar a dezaseisavos de final. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos