Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo Abanca gaña a final pola permanencia en Segunda

O Deportivo Abanca gaña a final pola permanencia en Segunda

Derrotou por 3-1 ao Tacuense canario con goles de Inés Altamira, María Ruíz e Jone Ibáñez

G24.gal 31/05/2022 21:58

O Deportivo Abanca continuará na remodelada segunda categoría do fútbol español logo de gañar no "play out" a eliminatoria diante do Tacuense. 

O equipo perdedor baixaba á Terceira División e iso fixo que as deportivistas saíran en tromba. Os primeiros quince minutos xogáronse cun gran ritmo xerando catro ocasións claras que non remataron na rede. Foi no minuto 34 cando Inés Altamira conseguía o primeiro tanto. 

Antes do minuto quince da segunda parte o equipo de Miguel Llorente sí tivo o acerto para marcar dous goles máis. O primeiro cun lanzamento de María Ruíz e tres minutos máis tarde Jone Ibáñez aproveitaba un erro defensivo canario para facer o 3-0. Saray recurtou diferenzas no 64' pero o equipo visitante xa non inquedou ao Deportivo que logrou unha permanencia agónica nunha temporada na que, de principio, aspiraba ao ascenso. 

O adestrador Miguel Llorente falou de "choros de alivio" no vestiario ao final do partido. Tamén manifestou o seu desexo de continuar á fronte do equipo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade