Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Dépor ascenderá a Primeira se gaña ao Cacereño ou iguala o resultado do Español

O Dépor ascenderá a Primeira se gaña ao Cacereño ou iguala o resultado do Español

Cando faltan dúas xornadas para o final do campionato, o Dépor é colíder xunto ao Barcelona B con 52 puntos

Foto @RCDeportivo
G24.gal 15/04/2024 12:55 Última actualización 15/04/2024 13:01

O Dépor certificará o vindeiro domingo o seu regreso á máxima categoría do fútbol feminino se vence ao Cacereño no estadio de Riazor ou se consegue, como mínimo, igualar o que faga o Espanyol na súa visita ao Barcelona B.

O equipo dirixido por Irene Ferreras dispuxo esta fin de semana da súa primeira oportunidade para lograr o ascenso á liga Feminina, pero o triunfo do Español ante o Madrid CFF B impediu a celebración pese ao triunfo branco e azul ante o Athletic B.

Cando faltan dúas xornadas para o final do campionato, o Dépor é colíder xunto ao Barcelona B con 52 puntos.

Por detrás, o Español suma 48. A próxima xornada as coruñesas recibirán no seu estadio o Cacereño e os equipos cataláns enfrontaranse entre si.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar