O Coruxo perde en Guijuelo e queda a un punto do descenso
Garban anotou os dous goles locais, o primeiro aos 7"
Érik Bugarín reduciu diferenzas e acabou expulsado
O Coruxo non puido fuxir da zona perigosa da Segunda Federación. Perdeu en Guijuelo, nun partido que deixou fuxir no primeiro cuarto de hora cun par de erros. O primeiro, poucas veces visto. En só tres toques e só sete segundos, Garban abría o marcador.
Aos quince minutos, unha perda de balón no medio do campo provocaba o 2-0, obra tamén de Garban. Quedaban 75 minutos, pero a misión de remontarlle dous goles a un equipo que fora candidato ao ascenso directo ata hai unha semana parecía misión imposible.
O Coruxo intentouno e recortou diferenzas cun gol de Érik Bugarín culminando unha boa xogada a falta dun cuarto de hora. Pero os de Maté e Otero non puideron completar a remontada. O propio Érik Bugarín foi expulsado pouco antes do final, e o 2-1 xa non se moveu.
O Coruxo queda con 38 puntos, un máis ca os dos equipos con praza de play out e descenso.