Cargando resultados...
O Compostela destitúe a Fabiano pola "mala dinámica" e as "malas sensacións" do último mes
De momento, Cardeñosa queda á fronte do equipo.
G24.gal
22/03/2023 10:41
Última actualización 22/03/2023 11:37
A S. D. Compostela destitúe a Fabiano. O club atribúe a decisión á "mala dinámica" e ás "malas sensacións" do último mes. O Compos vai segundo na 2ª RFEF, a 12 puntos do Arenteiro.
De momento, Cardeñosa queda á fronte do equipo.
✍ A SD Compostela acorda o cesamento de Fabiano como adestrador do primeiro equipo.
— S.D. Compostela (@SD_Compostela) March 22, 2023
O club agradécelle a súa vinculación ao club e o traballo realizado polo ben do Compos.https://t.co/4yOJ8tYXC7