Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Compostela despídese dos seus afeccionados cunha goleada

O Compostela despídese dos seus afeccionados cunha goleada

Impúxose por 4-1 ao Ceares e mantén algunha opción de xogar a fase de ascenso

G24.gal 08/05/2022 16:36

O Compostela despediuse dos seus afeccionados no Vero Boquete cunha goleada diante do Ceares (4-1). O partido non foi brillante por parte dos santiagueses, que impuxeron a súa pegada no segundo tempo.

O partido comezou con outro detalle de calidade de Pablo Durán, a gran revelación santiaguesa desta temporada. Outro xogador que está nun gran momento, o asturiano Óscar Fernández, anotou o gol do empate antes do descanso. 

Na segunda parte o Compostela sentenciou cun par de goles nun minuto. Primo cruzou diante do porteiro do Ceares e Josiño Filgueira rematou un centro de Parapar co que sentenciaba. No treito final Samu anotou un gran gol nunha falta directa. 

O Compos mantén opcións de xogar a fase de ascenso aínda que terá que gañar no campo do Salamanca e agardar malos resultados de Coruxo e Bergantiños. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar