O Compostela acada o empate que precisaba para xogar polo ascenso
Parapar adiantou os santiagueses que, por momentos, acadaban a terceira praza
O empate do Marino, no treito final, déixaos cuartos
O Compostela cumpriu co obxectivo nun partido diante do Marino. Os de Juan Carlos Andrés precisaban un empate para asegurar o billete aos play offs, e o encontro púxose de cara xa no treito inicial. Foi cun gol de Parapar que despexaba o camiño.
O equipo santiagués defendeu a renda diante dun Marino que non incomodou, malia a que foi a máis co paso dos minutos. Os outros resultados outorgábanlle a terceira praza ao Compostela e, con ela, a vantaxe de campo na primeira eliminatoria.
Pero, a tres minutos da conclusión, ía chegar o tanto do empate que devolvía aos santiagueses ao cuarto posto final. Marcouno, cunha cabezada, Jairo Cárcaba.
O Compostela agarda rival na primiera rolda polo ascenso á Primeira Federación.