Cargando resultados...
O centro de saúde de Bouzas, en Vigo, comeza a pasar consulta a 800 usuarios
Dá asistencia ás 800 persoas residentes no barrio que o solicitaron

G24.gal
02/11/2021 08:32
O novo centro de saúde de Bouzas, en Vigo abriu este martes as súas portas. O ambulatorio dispón dunha médica de familia, unha enfermeira e un administrativo e dá asistencia ás 800 persoas residentes no barrio que o solicitaron.
A facultativa pasaba consulta ata o de agora en Gondomar e ocupará o seu posto en Bouzas como interina.
O centro de saúde consta de dous volumes construtivos, con dúas plantas cada un, que suman unha superficie total de 860 metros cadrados e que se comunicarán mediante unha galería. Está equipado con tres consultas de medicina xeral, tres de enfermería e unha sala polivalente.