Cargando resultados...
O Celta disputará catro amigables aproveitando a parada polo Mundial
O Celta disputará catro amigables aproveitando a parada polo Mundial
Carvalhal fará unha segunda pretemporada de catro semanas xogando dous partidos contra equipos da Primeira Liga portuguesa e outros dous contra equipos da Premier
G24.gal
25/11/2022 21:27
O Celta volve o luns aos adestramentos e comezará unha segunda pretemporada. Os de Carlos Carvalhal traballarán en Mos un par de semanas e xogarán dous amigables con equipos da Primeira portuguesa.
Logo viaxarán a Inglaterra para disputar dous partidos con conxuntos da Premier League. Unha nova pretemporada en que Carlos Carvalhal terá tempo de amoldar o equipo ao seu estilo. O regreso dos celestes á liga será o 30 de decembro ante o Sevilla.