Cargando resultados...
O Celta viaxa a Sevilla sen Gabri e co obxectivo de sumar sete xornadas sen perder
Óscar, Cervi, Tapia ou Kevin foron os xogadores que probou Carvalhal no lugar de Veiga
A lesión de Alves parece de longa duración e Cristian Joel incorpórase de xeito definitivo ao primeiro equipo
G24.gal
06/04/2023 13:56
Este venres volve a liga para un Celta que vivirá un día de paixón da Semana Santa en Sevilla. E nesa procesión do Pizjuan non estará Gabri Veiga. O Porriñés, que sumou unha nova asistencia de gol ante o Almería, cumpre partido de sanción despois de ver o quinto cartón.
O Celta quere sumar a sétima xornada consecutiva sen perder. Enfronte o novo Sevilla de Mendilibar. No primeiro test co técnico vasco, o Sevilla gañou en Cádiz e presentou os novos sinais de identidade; máis orde e máis velocidade en ataque.